Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense organiza desde a súa Aula en Valdeorras unha nova edición do Curso de técnicas de cultivo en viticultura e prantación do viñedo

16 de noviembre de 2020

Vaise emitir en liña desde a súa su primeira sesión o 26 de novembro ata a última, prevista para o 8 de maio de 2021

OURENSE, 16 de novembro de 2020.- UNED Ourense emitirá desde a súa Aula de Valdeorras, situada na Rúa, a cuarta edición do curso Técnicas de cultivo en viticultura e prantación do viñedo, que comezará o 26 de novembro e finalizará o 8 de maio de 2021. Dado o estado actual da pandemia do coronavirus non se pode, de momento realizar esta actividade de forma presencial, só será online nas súas versións en directo ou en diferido. Esta última permite á persoa recibir a sesión (se non se puido conectar o día previsto á hora predeterminada) en días posteriores para o seu seguimento.

A matrícula está aberta a todas os cidadáns interesados e deben ter un computador, tablet ou outro dispositivo actualizado para seguir o curso. Días antes do inicio do curso as persoas matriculadas recibirán as instrucións técnicas para conectarse ás sesións.

Para calquera dúbida, contactar coa nosa Aula da Rúa: 988 33 60 38 en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Máis información e matrícula online aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es