Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Comisión Europea concede á UNED unha Cátedra Jean Monnet sobre Economía Dixital

18 de noviembre de 2020

A UE confía na UNED para profundar en estudos europeos no ámbito dixital coa concesión dunha Cátedra Jean Monnet, que impulsará a formación en dixitalización na Universidade.

OURENSE, 18 de novembro de 2020.- A sesión inaugural será o 24 de novembro, ás 17.00 horas, co reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón e o secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Roberto Sánchez Sánchez. David Villaseca Morais impartirá a conferencia "A dixitalización como imperativo empresarial: claves desde Silicon Valley para Europa”. O acto poderá seguirse online.

Seguir o acto en Canal UNED

Todo sobre a Cátedra Jean Monnet

A Comisión Europea otorgou unha Cátedra Jean Monnet á UNED sobre “Economía dixital na Unión Europea” dentro do marco do programa Jean Monnet, que será dirixida por Julio Navío Marco, exeñeiro de Telecomunciacións, profesor de Organización de Empresas e Emprendemento da UNED e asesor para a Comisión Europea da Axencia Executiva da Pequena e Mediana Empresa (EASME). As cátedras Jean Monnet teñen como obxectivo ensinar, investigar, crear redes, publicar, crear ferramentas e organizar e participar en actividades de difusión que sirvan para fortalecer a integración europea desde as universidades, tanto dos Estados membros da Unión Europea como de outros países. A súa selección se realiza no marco dun proceso altamente competitivo no programa Erasmus+. O nome fai honor a  Jean Monnet, un dos pais da Unión Europea, que contribuiu decisivamente a poñer os alicerces da Unión e os seus valores fundamentais. 

O próximo mércores, 24 de novembro, ás 17.00 horas terá lugar a sesión inaugural da Cátedra que contará coa asistencia do reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón, e do  secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital, Roberto Sánchez Sánchez. Está prevista a conferencia maxistral "A dixitalización como imperativo empresarial: claves desde Silicon Valley para Europa” a cargo de David Villaseca Morales, responsable Mundial de Customer Experience, Marketing & Sales, Oracle Financial Services y Board MemberCámara de Comercio California – EspañaO acto se transmitirá en directo mediante Canal UNED.

Ésta é unha das primeiras cátedras otorgadas sobre a materia e resposta á prioridade estratéxica que as Autoridades Europeas dan á transformación dixital da economía e sociedade. En Europa, a economía dixital está no centro das prioridades establecidas pola Comisión Europea (CE) para 2019-24, como indiicou a presidenta da Comisión, Úrsula Von der Leyen. É o motor máis importante da innovación, a competitividade e o emprego. Cómo as empresas europeas adoptan as tecnoloxías digitales será una clave para su crecimiento futuro. Cada vez es más importante familiarizarse con un tema que afecta de lleno a las empresas, instituciones y ciudadanos da UE, nun eido no que se require afondar no seu estudo e no seu ensino en Europa. 

  

Un lugar no mundo dixital, un lugar en Europa

Segundo o reitor da UNED, Ricardo Mairal “esta cátedra supón para nós un recoñecemento ao noso esforzo pola  formación de calidade no mundo dixital e o noso interese polo ensino e investigación en temas europeos”. En concreto, dentro da oferta de estudos da UNED, o mestrado universitario de Unión Europea goza dun grande prestixio, e son moitos os cursos online en temas dixitais, como por exemplo o curso de “Experto en competencias dixitais para a empresa e o desenvolvemento profesional”.

Entre ls tarefas desta cátedra Jean Monnet se conta consolidar o ensino de enseñanza de “Economía Dixital na UE” no marco do Mestrado Universitario en Estudos da Unión Europea, ampliar a docencia sobre este tema nos estudos de grao (principalmente Administración e Dirección de Empresas e Enxeñeiría Industrial) para formar aos futuros profesionais clave no eido dixital, organizar seminarios, cursos de debates e outras actividades con empresas, institucións e responsables das políticas dixitais.

Segundo o director da Cátedra, Julio Navío “xunto ao afondamento en estudos  sobre o tema e a formación universitaria dos futuros profesionais dixitais, queremos que a cátedra xere coñecemento útil para a empresa, especialmente as pymes, no seu camino de trasformación dixital. Os 25 millóns de pequenas e medianas empresas de Europa son a columna vertebral da economía da UE”.

Na súa convocatoria 2020, a UE otorgou á UNED, xunto a esta cátedra, varios módulos Jean Monnet sobre regulación climática, política económica na Unión Europea así como EU Jurisdiction and Proceedings

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es