Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberta a preinscripción en Mestrado e Doutoramento: chega o momento de deseñar o teu futuro

8 de junio de 2021

Se o teu futuro pasa por continuar a túa formación superior e queres cursar un Metrado Oficial no curso 2021/2022, xa podes preinscribirte en calquera das propostas da UNED. 

OURENSE, 8 de xuño de 2021.-  O prazo permanecerá aberto ata o próximo 5 de xullo de 2021. Se a túa opción é doutorarte, a EIDUNED (Escola Internacional de Doutoramento da UNED) recibirá preinscripcións ata o 30 de xuño de 2021.

Elixe o teu programa de Doutoramento

Elixe o teu Mestrado EEES

Todos os novos estudantes teñen que completar a preinscripción en posgraos, sexan mestrados ou doutoramentos. Tamén do periodo ordinario, ata o 5 de xullo, os títulos de Mestrado que non completen as prazas ofertadas poderán abrir un prazo extraordinario de preinscripción do 2 ao 9 de setembro de 2021. A matrícula será entre o 7 de xullo e o 21 de outubro. Os estudantes antigos de Mestrado realizarán a súa matrícula desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021.

A preinscripción e solicitude de admisión en algún dos programas de Doutoramento de EIDUNED permanecerá aberta ata o próximo 30 de xuño. Deberán realizar este trámite todas e todos os estudantes novos, incluidos quenes houberan tido matrícula nalgún programa da nosa Escola e o actual curso e que desexen inscribirse nun programa diferente, ou que houberan causado baixa e desexaran reiniciar a súa formación. Non necesitan preinscripción os doutorandos e doutorandas matriculados no curso actual e que sigan no mesmo programa.

Aida Vázquez Fernández

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es