Mapa web
Youtube
UNED

Primeira promoción de criminólogos graduados en UNED Ourense

5 de julio de 2021

Cinco estudantes coneguiron chegar ao final desta carreira universitaria e todos agradecen os beneficios que lles reportará despois do importante esforzo que levaron a cabo nos últimos catro anos.

OURENSE, 5 de xullo de 2021.- Cinco estudantes constitúen a primeira promoción de graduados en  Criminoloxía que sae de UNED Ourense. Trátase de Gabriel Torres Gómez, Pablo Gestal Gallego, Andrea Álvarez Gómez, Iria Vázquez Dopazo e Alberto Méndez Rodríguez. Terminan catro anos de intenso estudo, con gran nivel de esixencia, que lles vai a servir para crecer na súa carreira profesional.

Andrea Álvarez Gómez di que decidiu estudar na UNED “porque ademais de ofrecerme a posibilidade de estudar o que sempre quixera, que era  Criminología, posuía unha moi boa reputación. Creo que grazas a esta elección ademais de todos os coñecementos aprendidos na materia adquirín un mellor hábito de estudo, debido á esixencia desta universidade”.

Iria Vázquez  Dopazo está segura do reto que supuxo para ela estudar Criminoloxía na UNED “debido ao elevado nivel  esixido  nesta  Universidade. Con todo  adquirindo un  bo hábito de estudo, e con esforzo e dedicación, os estudos resultarán alcanzables para  quen desexe estudar na UNED. Unha vez adaptados ao método de avaliación, e adquiridos o ritmo e autonomía necesarios para estudar as materias, resulta tan fácil realizar Criminoloxía a través do sistema de educación a distancia como en calquer universidade presencial. De feito, tras finalizar este grao na UNED, se sigo estudando fareino preferiblemente mediante a educación a distancia”.

Gabriel Torres Gómez comezou a súa andaina na UNED no ano 2017, “xusto no momento no que se implantaba devandito grao. Por aquel entón non existía en toda a comunidade ningunha universidade que ofertase a carreira de Criminoloxía polo que non dubidei en matricularme na UNED cando se me presentou a oportunidade”. Aquela experiencia compensoulle: “Catro anos máis tarde, non podo estar máis que satisfeito por aquela decisión tomada e agradecido á institución da UNED pola oportunidade que me deu de acceder a unha carreira e a que, a partir de agora, poida desenvolver os coñecementos que adquirín ao longo destes cursos no ámbito laboral”.

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, mostrou o seu orgullo por esta primeira promoción de graduados en  Criminoloxía que sae do Centro universitario ourensán: “É unha enorme satisfacción dar os  parabéns a estes graduados, que integran esta primeira promoción dun grao que vai crecendo en estudantes en Ourense, como demostran as cifras ano tras ano. Demostraron o seu esforzo e agora merecen gozar do éxito, do mesmo xeito que os demáis estudantes que se  gradúan cada ano noutros graos desde o noso Centro Asociado”. García Díaz también agradeció "o traballo e a ilusión dos profesores tutores realizado durante estes catro anos".

Os estudos superiores en Criminoloxía, da Facultade de Dereito da UNED, comezaron a impartirse en Ourense no curso 2016-2017, con 39 alumnos. No curso seguinte (2018-2019), xa eran 51 os matriculados. Esa cifra subiu e 56 no ano académico 2019-2020 e no curso que acaba de terminar, o 2020-2021, cursaron  Criminología en UNED Ourense 58 persoas.

 

 

UNED Ourense

Comunicación

Plan Contingencia y Protocolo Adaptación UNED Ourense ante inicio curso 2021/2022Consúltalo
Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Calendario académico 2021-2022Infórmate
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Convocatoria concurso plazas presenciales profesor tutor curso 2021/22Infórmate
Evaluación UNED 2020Accede
UNED100%Infórmate
Convocatoria interna concurso plazas presenciales profesor tutor 2021-2022Infórmate
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es