Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A semana de exámenes de setembro da UNED en Ourense sobrepasa o seu ecuador cos alumnos dando o seu esforzo para superar as materias

5 de septiembre de 2019

As probas continuarán ata a tarde do sábado, día 7, dirixidas en toda a Universidade por 208 tribunais con 751 profesores

OURENSE, 5 de setembro de 2019.- Pasado xa o ecuador da semana de exames da UNED no mes de setembro, os alumnos acoden a realizar as súas probas no Centro Asociado de Ourense sen incidencias.  En sesións de mañá e de tarde, incluíndo este sábado, numerosos cidadáns tanto de Ourense como doutras partes de Galicia e de España tentan superar as probas que lles permitan, a uns acabar a súa carreira, a outros acabar determinado curso. E todo isto leva a cabo nunha Universidade que está preparada para afrontar con éxito, como está a suceder, a última convocatoria de probas presenciais do curso actual, do 2 ao 7 de setembro cun período específico para os estudantes do Programa de Centros Penais os días 10, 11 e 12.

Os estudantes examinaranse das materias de Grao, Máster Oficial, Cursos de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Centro Universitario de Idiomas da UNED (CUID). Tamén durante esta convocatoria presentaranse os alumnos á Proba de Competencia Específica (PCE) correspondente á antiga  PAU-Selectividade. Para garantir o correcto desenvolvemento e a seguridade ao longo de todo o proceso formáronse un total de 208 tribunais integrados por 751 profesores, unhas cifras necesarias @teniendo en cuenta que a UNED é a universidade máis grande de España con ao redor de 200.000 estudantes e que na convocatoria de setembro do curso pasado celebráronse 195.628 exames. En Ourense esta semana hai tres profesoras doutras tantas facultades da UNED en Madrid.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es