Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED abre matrícula en dous cursos de extensión universitaria en Ourense e  Monterrei

6 de septiembre de 2019

Un versará sobre a interpretación ol patrimonio natural na contorna da capital e o outro centrarase na pegada xudea na historia da vila de Monterrei; os dous teñen 10 horas e dan dereito a 0,5 créditos

OURENSE, 6 de setembro de 2019.- O Centro Asociado á UNED en Ourense abre matrícula para todas as persoas interesadas en inscribirse en dous novos cursos de extensión universitaria. Un é o de Interpretación do patrimonio natural da contorna de Ourense, e o outro, o que versa acerca da Achega da comunidade xudía á historia da vila de Monterrei

O primeiro celebrarase do 30 de setembro ao 3 de outubro e as sesións teóricas serán impartidas no Salón de Actos do Centro Asociado. Consta de 10 horas lectivas e 0,5 créditos  ECTS. Permitirá ao alumno dispor de ferramentas para comunicar mellor a riqueza natural ourensá, coas diversas técnicas desta especialidade. Todos os datos do programa áchanse na seguinte ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/19718

O segundo curso tratará sobre o legado dos xudeus na vila de Monterrei, que terá lugar do 4 ao 5 de outubro de 2019 nas instalacións do Parador Nacional de Monterrei. Consta de 0,5 créditos  ECTS e 10 horas lectivas.

A primeira noticia que se ten dos xudeus en Galicia é en Celanova, en 1044. Máis tarde hai un rexistro no ano 1200 en Allariz e tamén noutros documentos menciónase a sinagoga de Ourense en 1345. Existen numerosas pegadas da súa presenza, como as noticias do rabí que había en Allariz, a  rúa da Sinagoga na cidade vella coruñesa, ou os cemiterios dos que quedan probas escritas en Pontevedra, Monterrei, Allariz e Tui. Entre as ocupacións profesionais dos xudeus, atopábanse as relacionadas coa administración das posesións dos nobres en calidade de mordomos ou recadadores, os labores de médico e  diferentes ramas do comercio e a artesanía. Máis información na seguinte ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/19857

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es