Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A doutora Yolanda Barriocanal subliñou na UNED cómo a Vía da Prata amósase como un dos destinos turísticos máis consolidados

6 de febrero de 2020

La profesora ofreció una conferencia dentro del ciclo sobre caminos jacobeos organizado por el Campus Noroeste de la Universidad Nacional de Educación a Distancia, también seguido en directo desde México, Brasil o Alemania

OURENSE, 6 de febreiro 2020.- Con gran éxito de asistencia celebrouse o pasado mércores, día 5 de febreiro, a penúltima conferencia do curso Os Camiños a Santiago na Idade Media: Testemuños artísticos e documentais, organizado polo Campus Noroeste da UNED. O acto tivo lugar no Centro Cultural Marcos Válcárcel e a relatora foi a profesora doutora Yolanda  Barriocanal, da Uvigo, quen durante algo máis dunha hora disertou sobre Fontes documentais para o estudo do trazado e territorio histórico do Camiño de Santiago, Vía da Prata. No salón había medio cento de persoas, entre alumnos da Facultade de Historia da  Uvigo, alumnos de UNED  Senior, membros da Asociación de Amigos da Vía da Prata e algún profesor titor de UNED Ourense. Por  streaming foron arredor de cincocentas persoas as que seguiron a conferencia desde todos os recunchos do Campus Noroeste, que abrangue  14 centros de Galicia, Asturias, Castela e León así como Estremadura. Tamén foron varias as persoas que seguiron o relatorio desde Alemaña. Reino Unido, México e Brasil.

O director do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García, deu a benvida a todos, agradeceu o traballo do servizo técnico, tanto da UNED a través de  INTECCA como do Centro Cultural da Deputación de Ourense, e presentou a  Barriocanal, unha investigadora que coñece ben o camiño xacobeo que desde Benavente desvíase da Vía da Prata para discorrer por terras  sanabresas e polo sur da provincia ourensá. A riqueza de datos achegada pola relatora satisfixo aos seguidores do mesmo.

Explicou Yolanda  Barriocanal que as infraestruturas históricas son un dos elementos fundamentais na articulación e estruturación do territorio. “Con todo, o labor de conservación dos camiños históricos tradicionais por parte dos poderes públicos é aínda recente, sendo un patrimonio especialmente vulnerable, pola súa propia natureza dinámica e cambiante, en constante evolución. Afortunadamente, as leis de rango autonómico están a comezar a mostrar unha maior sensibilización cara a este patrimonio viario, incluíndo a de Galicia, a categoría de Vías Culturais entre os bens inmobles declarados de interese cultural ou catalogados”.

Entre todas estas vías, sinalou a doutora  Barriocanal, que o Camiño de Santiago, o decano e máis extenso dos camiños tradicionais, propiciou todo tipo de accións lexislativas para a súa regulación.  “A presente  Lei 5/2016  do Patrimonio Cultural de Galicia, recoñece como Camiño de Santiago, ademais do Francés, un conxunto de 6 roteiros de peregrinación, entre as que se atopa a Vía da Prata ou Camiño  Mozárabe. Pero para que estes roteiros poidan ser recoñecidas como Camiño de Santiago deben ser identificadas como tal documentalmente, verificando a autenticidade dos seus trazados e comprobando a importancia da súa influencia na formalización do territorio polo que transcorren”.  Isto, sinalou a conferenciante, obriga a unha pormenorizada análise das fontes históricas, documentais e  cartográficas dispoñibles.

Entre estas fontes, as literarias (crónicas, relacións de viaxes e diarios de peregrinaxe) son de gran importancias para a documentación do dispositivo da circulación no transcurso do tempo, “destacando dentro desta literatura viaxeira, as crónicas dos grandes desprazamentos rexios, representadas no noso roteiro coa segunda viaxe a España de Felipe o Fermoso e Juana I de Castela no ano 1506. Tamén os relatos de peregrinos a Santiago de Compostela van poboando de imaxes o percorrido, caso da viaxe do cóengo cordobés, José de  Aldrete, en 1612, ou do erudito  racionero da catedral de Sevilla, Diego Alejandro Gálvez, en 1755”.

Máis aló destas fontes literarias, “existen outras variadas series documentais de arquivo, como os Recoñecementos de Camiños, feitos en 1746 para a súa reparación, que nos permiten coñecer o trazado e estado dos Camiños Reais que entraban en Galicia desde Castela, especialmente o que viña de Poboa de  Sanabria, base do camiño de peregrinación Vía da Prata, nun momento de inexistente cartografía”, indicou a experta profesora.

A nova realidade xacobea, contou Yolanda  Barriocanal,  puxo a esta antiga vía de comunicación fronte a novos retos, mostrándose xa como un dos destinos turísticos máis consolidados. “Cara ela ábrese un prometedor futuro, no que a aprobación da delimitación do seu trazado e a catalogación de todos os elementos funcionais que forman parte do seu  fisionomía, é a clave sobre a que debe descansar a súa autenticidade histórica e protección patrimonial”, engadiu.

A sesión terminou incluíndo un animado debate o que demostra o gran interese que estes temas espertan na sociedade. A conferencia íntegra poderá verse e escoitarse na internet en diferido pois a UNED facilitará as ligazóns a cada gravación no prazo de dez días hábiles no correo electrónico de matrícula do curso e na ligazón:  https:// extension. uned.es/ miespacio (opción 1: estudante UNED; opción 2: non estudante UNED). 

Vindeira sesión  

A próxima conferencia deste curso, e última, celebrarase en UNED A Coruña o xoves, 27 de febreiro. Intervirá Israel Sanmartín Barros, doutor en Historia Contemporánea e profesor de Historia na Universidade de Santiago, ademais de ser profesor titor na UNED da cidade herculina. O tema elixido titúlase: O camiño de Santiago a partir dos viaxeiros medievais.

Este curso está dirixido por Inés Monteira Ariasprofesora titular de Historia da Arte na UNED, e coordinado por Enrique Gallego Lázarocoordinador de Extensión Universitaria do Campus Noroeste da UNED e académico de San Quirce.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es