Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de preinscripción de Mestrado na UNED

20 de mayo de 2021

O alumnado de nova incorporación poderá solicitar desde hoxe a preinscripción nos mestrados da UNED ata o 5 de xullo. O prazo para o Mestrado de Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bachalerato, FP e Ensino de Idiomas abrirase o día 20 de maio. 

OURENSE, 20 de maio de 2021.- Desde hoxe está aberto o prazo de preinscripción para estudantes de nova incorporación aos estudos de Mestrado. Estas son as datas a ter en conta para realizar a túa solicitude:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 5 de xullo de 2021.
Excepcións: 

O Mestrado Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bachalerato, FP e Ensino de Idiomas abrirá o prazo de preinscripción o 20 de maio e finalizará o 2 de xuño de 2021.

Outros mestrados que tamén pechan a preinscripción o 2 de xuño son:

  • - MU en Estudos de Xénero
  • - MU en Enxeñería e Ciencia de Datos
  • - MU en Innovación e Investigación en Educación
  • - MU en Intervención Educativa en Contextos Sociais
  • - MU en Investigación en Intelixencia Artificial
  • - MU en Prevención de Riscos Laborais: Seguridade no Traballo. Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
  • - MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria

MU en Investigación en Historia da Arte ten tamén un prazo especial para a preinscripción: do 17 de xuño ao 17 de xullo de 2021.

E o MU en Administración Sanitaria abrirá a preinscripción en setembro de 2021, data aínda sen determinar.

Os estudantes que xa están cursando os estudios de Mestrado teñen de prazo do 10 ao 30 de setembro de 2021; coa excepción do MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o MU en Acceso á avogacía, que será do 2 ao 9 de setembro. 

matrícula para estudantes novos poderase formalizar do 7 de xullo ao 21 de outubro  de 2021 e, para o resto dos estudantes, desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021.

Máis información pulsando aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es