Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Ministerio de Universidades e a Crue lanzan unha plataforma para apoiar a transición dos ensinos presenciais aos ensinos online nas universidades do estado español

19 de marzo de 2020

O portal web é un proxecto do Ministerio de Universidades e Crue Universidades Españolas, foi deseñado pola UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) e a UOC (Universitat Oberta de Catalunya), xunto coa contribución de todas as universidades españolas. “Conectade@ s: a universidade en casa” é unha plataforma con contidos útiles para a formación online: módulos didácticos, contidos de orientación metodolóxica, plataformas tecnolóxicas e software, así como asesoramento psicolóxico

OURENSE, 19 de marzo de 2020.- “Conectade@ s: a universidade en casa” nace co obxectivo de servir de apoio a docentes, estudantes e á sociedade en xeral en materias de educación online. Trátase dunha iniciativa orientada a asesorar e poñer recursos ao dispor do conxunto das universidades do Estado para afrontar da maneira máis efectiva o actual peche do espazo educativo presencial polo coronavirus.

O portal é un proxecto do Ministerio de Universidades e Crue Universidades Españolas. Está deseñado pola UNED e a UOC, xunto coa contribución de todas as universidades españolas. O portal web recolle un extenso abanico de recursos de orientación e formación para o profesorado sobre metodoloxía de formación en liña, útil para o deseño e desenvolvemento de cursos non presenciais.

No portal ofrécese ao persoal investigador, docente, pero tamén a estudantes, un amplo repertorio de materiais dixitais e contidos en aberto de distintas áreas de coñecemento. Ademais, terá entre os seus contidos unha serie de conferencias, consellos, materiais de divulgación e atención personalizada para o coidado psicolóxico de quen o requira nestas circunstancias tan excepcionais polo estado de alarma no que nos atopamos agora mesmo. 

Con esta medida de solidariedade, responsabilidade social e colaboración cidadá, o Ministerio de Universidades e Crue poñen ao dispor de quen deba incorporarse rapidamente ao sistema de formación en liña debido á crise do coronavirus os recursos necesarios para tal fin. Todos os recursos da plataforma # LaUniversidadEnCasa son gratuítos e están enfocados tanto á comunidade universitaria española como a institucións de ensino. Este portal irase actualizando en diante co devandito obxectivo.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es