Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Convocado o XXX Seminario internacional sobre Teatro, Ciencias e Ciencia ficción co profesor Romera Castillo

16 de noviembre de 2021

Vaise celebrar do 28 ao 30 de xuño de 2022 para estudar o publicado e representado no eido teatral desde o ano 2000 ao 2022. Está organizado pola UNED coa Asociación Internacional de Teatro Siglo XXI, a Asociación Española de Semiótica e a Academia das Artes Escénicas de España.

OURENSE, 16 de novembro de 2021. O Centro de Investigación de Semiótica Literaria, Teatral e Novas Tecnoloxías (SELITEN@T) da UNED, dirixido polo profesor doutor José Romera Castillo, en colaboración coa Asociación Internacional de Teatro do Século XXI, a Academia das Artes Escénicas de España e a Asociación Española de Semiótica, convoca o XXX Seminario Internacional sobre Teatro, Ciencias e Ciencia ficción nas dúas primeiras décadas do século XXI. O obxectivo é estudar o publicado/representado no eido teatral desde o ano 2000 ao 2022 (non antes), tanto en España (nas súas diferentes linguas) como en Iberoamérica e outros eidos internacionais, mediante os seguintes apartados:

  • Dramaturxias textuais.
  • Dramaturxias sobre postas en escena.

  • Biografías de científicos levadas á escena: textos e postas en escena. 
  • Adaptacións de outros xéneros literarios sobre o tema ao teatro.
  • Musicais sobre o tema 

  • Teatro e ciencia ficción: textos e postas en escena. 

Celebrarase do 28 ao 30 de xuño de 2022 e desenvolverase de dúas maneiras, presencial, no Edificio de Humanidades da UNED, ubicado no Paseo Senda del Rey, 7. 28040.- Madrid, e ao mesmo tempo en liña

Estrutura do seminario:

  • Sesións plenarias, impartidas por destacados especialistas.
  • Comunicacións: Quenes desexen presentar unha comunicación deberán enviar, o antes posible, o Boletín de preinscripción e deberán remitir unha copia do texto completo, por correo electrónico a rsantiago@flog.uned.es ou selitenat@flog.uned.es, redactado segundo as nosas normas, antes do 15 de maio de 2022, para ser examinado e evaluado pola comisión organizadora.

Certificado: 

Entregarase certificado (30 horas).

Cuota de inscripción: 

Gratuita.

Acceso ao Boletín de preinscripción aquí

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es