Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A profesora tutora de UNED Ourense, María Lameiras, explicou no Foro La Región a importancia da educación sexual

28 de enero de 2020

A doutora e catedrática confía en que o Pacto de Estado contra a violencia de xénero amplíe os valores igualitarios e a educación afectivo-sexual obrigatoria no sistema educativo

OURENSE, 28 de xaneiro de 2020.- A profesora titora da UNED en Ourense, María Lameiras Fernández,  foi unha das persoas convidadas no Foro La Región, no que disertou acerca da importancia da educación sexual. Esta doutora en Psicoloxía, catedrática e profesora da  Uvigo, especializada en psicoloxía sexual, quixo dar resposta a dúas cuestións crave: “porqué é necesario promocionar a saúde sexual e reprodutiva e que modelo de educación sexual débese implantar”.

Segundo a relatora, a necesidade de promocionar a saúde sexual e reprodutiva “incorpora a necesidade dunha educación sexual integral desde un enfoque ancorado nos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a diversidade sexual”. Engade que a educación sexual integral (Comprehensive Sexual Education) representa “a principal estratexia para garantir o dereito á saúde sexual e reprodutiva, un dereito que queda consagrado en España coa aprobación da Lei Orgánica 2/2010, na que se establece a responsabilidade do sistema sanitario e educativo na promoción e formación en saúde sexual e reprodutiva, como elemento determinante da saúde/benestar das persoas e como parte relevante do noso desenvolvemento integral”.  Máis recentemente, lembrou  Lameiras, “o Pacto de Estado contra a violencia de xénero (2018) incorpora a necesidade de reforzar e ampliar en materia de educación os valores igualitarios e a educación afectivo-sexual obrigatoria en todos os niveis educativos, fomentando que os mesmos se aborden de forma integral”. Asegura María  Lameiras que será a adecuada aplicación destas medidas e a capacidade de encarar correctamente os retos pendentes “o que marcará o devir da educación sexual e, en consecuencia, da saúde sexual en España, contribuíndo decisivamente ao seu desenvolvemento e benestar, e a poder alcanzar así os obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030 promovidos desde a ONU”. 

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es