Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O curso sobre Estudos de Seguridade dispara a proxección internacional de UNED Ourense

17 de noviembre de 2021

Vaise celebrar do 22 de novembro ao 2 de decembro, con matrícula gratuita, que se pechará este venres 19 e que xa conta con máis de 140 inscritos en Arxentina, Chile, Colombia, España, México e Panamá.

OURENSE, 17 de novembro de 2021. O Curso de Estudos de Seguridade: retos e prospectiva organizado por UNED Ourense dispara a internacionalidade do mesmo dado que, aínda estando aberta a súa matrícula ata este venres, día 19, xa hai 144 matriculados, residentes en distintos puntos de España así como en Argentina, Chile, Colombia, México e Panamá. Celebrarase do 22 de novembro ao 2 de decembro de 2021 en UNED Ourense. Este curso, que consta de 11 horas lectivas, divídese en tres seminarios que aspiran a analizar tres perspectivas diferentes dos retos de seguridade aos que se enfrontan as sociedades actuais.

  •  SEMINARIO DE ANÁLISE SOBRE OS NOVOS ENFOQUES DE SEGURIDADE:
 A seguridade dos estados pode verse ameazada desde distintas frontes, sen que gran parte dos seus cidadáns se decaten diso. Protexer os mecanismos que garanten o Estado de Dereito é hoxe máis que nunca un desafío ao que facer fronte con todas as ferramentas posibles. Este seminario trata de profundar en distintos enfoques que teñen a seguridade como eixo vertebral no contexto actual de crecentes ameazas para a convivencia e a seguridade.

  •  A PERSISTENCIA DAS AMEAZAS Á SEGURIDADE; UN ENFOQUE PROACTIVO: 
As ameazas e os desafíos que enfronta a sociedade actual actúan en distintos planos complementarios que comprometen seriamente a convivencia e en ocasións, as posibilidades de actuación do Estado de Dereito. Que a comunidade universitaria adquira un coñecemento certeiro e activo destas ameazas é un paso necesario e decisivo no fortalecemento das accións que posibiliten enfrontar as distintas crises que viven as sociedades actuais. Este seminario tenta dar resposta ás inquietudes que o estudantado poida ter neste ámbito.

  •  A PERSISTENCIA DAS AMEAZAS Á SEGURIDADE; UN ENFOQUE EDUCATIVO: 
A educación para a seguridade e a defensa é o piar fundamental sobre o que debe asentarse unha cidadanía que se aliñe co Estado de dereito e o seu defensa. Con todo, moitas veces esa cidadanía descoñece o alcance dos desafíos e minusvalora as ameazas ás que este se enfronta; a comunidade educativa debe ser quen de atopar as ferramentas que permitan asentar unha estratexia de seguridade contra as narrativas extremistas e radicais que ameazan seriamente a nosa convivencia.

 O programa é o seguinte:

  • luns, 22 de novembro
16:45-17:00 h. Inauguración do Curso

Julio Prada Rodríguez profesor titular de Historia Contemporánea na Uvigo e Titor en UNED Ourense

José Julio Fernández Rodríguez, profesor titular de Dereito Constitucional na USC.

Luis Velasco Martínez, profesor de Historia Contemporánea, Uvigo, membro do Grupo de Innovación Docente en Ensino non Presencial da USC e membro do Grupo de Innovación Docente I2DH da Uvigo.

17:00-18:00 h. SEMINARIO DE ANÁLISE SOBRE OS NOVOS ENFOQUES DE SEGURIDADE

Concepto e historia das operacións de mantemento da paz de Nacións Unidas.

José Antonio de Ory Peral, embaixador en Misión Especial para Misións e Operacións de Paz e Seguridade Inclusiva.

18:00-19:00 h. O proceso DDR (desarme, desmovilización e  reintegración) no proceso de paz en Colombia. Un modelo novidoso.

César Augusto Sáenz de Santa María Gómez , xeral de Brigada.

19:00-20:00 h. Da defensa á seguridade nacional: dúas décadas de promoción da súa cultura.

Carlo Alberto Bueno Fernández, profesor da Universidade de Jaén.

  • mércores, 1 de decembro 
16:00-17:00 h. SEMINARIO: A PERSISTENCIA DAS AMEAZAS Á SEGURIDADE; UN ENFOQUE PROACTIVO

Gobernanza global e ciberseguridade.

Eduardo Fernández García, profesor de Dereito de Ciberseguridade no Grao de Ciencias da Seguridade  na Universidade Isabel I.

17:00-18:00 h. Movemento Yihadista Global. Poder e Creencia nas orixes e evolución.

Luis Martínez Gavilán, membro do Comité Reitor de SEDEXPO e membro do Foro Internacional da Muller en Seguridade, Defensa e Emerxencias.

18:00-19:00 h. Loita contra o terrorismo yihadista no Sahel e como afecta á nosa Seguridade Nacional.

María del Pilar Rangel Rojas, profesora asociada de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Universidade de Málaga.

19:00-20:00 h. O papel da seguridade nas empresas. Un desafío para o século XXI.

Jorge Alberto Quintana Macías, CEO de ACK3 Consultoría de Riesgos Globales S.

  • xoves, 2 de decembro
16:00-17:00 h. Seminario: A PERSISTENCIA DAS AMEAZAS Á SEGURIDADE; UN ENFOQUE EDUCATIVO

Xóvenes e radicalización violenta: prevención e afrontamento.

Manuel Moyano Pacheco, profesor contratado Doutor en Psicoloxía na Universidade de Córdoba- Facultade de Ciencias da Educación.

17:00-18:00 h. Historia, educación e prevención. O labor do Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo.

Gaizka Fernández Soldevilla licenciado en Historia pola Universidade de Deusto e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade do País Vasco. Responsable da área de Arquivo, Investigación e Documentación do Centro para a Memoria das Vítimas do Terrorismo.

18:00-19:00 h. Prevención do radicalismo: visións de seguridade para unha escola cega.

Rosa María Fernández García, profesora de Ensino Secundario, Xunta de Galicia.

19:00-20:00 h. Proposta didáctica para ensinar nas aulas o impacto dos crimes contra a Humanidade.

Miguel Ángel Pallarés Jiménez, doutor en Historia e profesor no Departamento de Didácticas Específicas, Área de Didáctica das Ciencias Sociais, Universidade de Zaragoza.

Este curso está dirixido por Julio Prada Rodríguez e coordenado por José Julio Fernández Rodríguez. Colaboran a Universidade de Santiago, CESEG, CESEDEN e o  Instituto Español de Estudos Estratéxicos.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es