Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense suspende o acceso público ás súas instalaciones na capital e na Aula de A Rúa ata novo aviso

16 de marzo de 2020

A Universidade continúa prestando o seu servizo docente aos alumnos con todas as tutorías á súa hora e por webconferencia

OURENSE, 16 de marzo de 2020.-Seguindo as directrices derivadas da declaración do Estado de Alarma a nivel nacional, e o Comunicado do Vicerreitorado de Centros Asociados cara a necesidade de elevar a precaución e evitar o contaxio da comunidade universitaria pola alerta sanitaria do COVID-19, a partir do luns 16 de marzo (incluído) SUSPÉNDESE O ACCESO ÁS INSTALACIÓNS das sedes de Ourense e A Rúa, ata novo aviso. Os edificios do Centro UNED de Ourense e da Aula Universitaria da Rúa permanecerán pechados ao público, aínda que se manterán os servizos docentes e de atención ao alumnado por vía telemática exclusivamente para as titorías. Grazas á nosa comunidade universitaria por comprender esta situación. Agradecemos enormemente a vosa colaboración e compromiso coa prevención do contaxio. Lembrade que en UNED Ourense: 

Seguimos online, seguimos contigo! 

Consulta o resto das medidas adoptadas no noso Centro aquí. Tamén podes consultar o portal que a UNED dedica a esta crise, aquí.

Máis información en: 

Secretaría do C.A. UNED Ourense no correo electrónico: info@ourense.uned.es .

Secretaría da Aula UNED de A Rúa, no correo electrónico: info@a-rua.uned.es .

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es