Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED estrea o Micrograo en Aproximación aos Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura

1 de noviembre de 2020

Deseñado para a formación superior nun idioma imprescindible para a inserción no mundo laboral

OURENSE, 1 de novembro de 2020.-  A UNED crea o seu segundo micrograo que baixo o título “Aproximación aos Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura” formará a toda persoa que teña acreditado o nivel de inglés A2. Os seus obxectivos son facilitar a inserción laboral co manexo dun idioma practicamente imprescindible no ámbito laboral e o achegamento a unha futura especialización. A súa estrutura consta dun só bloque con 27 créditos, formado por unha materia anual e tres cuadrimestrais. A matrícula estará aberta ata o próximo 10 de novembro.

Así é o novo Micrograo 

Programa 

Xa podes matricularte 

Na actualidade o manexo do idiomas é crucial para a inserción laboral da cidadanía. Entre todas as linguas, o inglés é a máis usada na Comunidade Europea e no resto de países de fala non hispana. A UNED propón o microgrado Aproximación aos Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura atendendo á demanda dun mundo globalizado e con dous obxectivos: por unha banda, desenvolver a comunicación oral e escrita en lingua inglesa, a capacidade de traballo nun contexto internacional, e a capacidade de razoamento crítico, facilitando ao estudante un uso instrumental da lingua para a súa inserción no mercado laboral; por outro, achegar o enfoque xeral e integrado sobre os estudos ingleses que supón unha sólida base para unha futura especialización. Ademais, pode converterse nunha saída para aqueles estudantes que están a cursar un grao en Filoloxía pero non viron satisfeitas as súas expectativas e non desexan abandonar os estudos. O programa de estudos contén no primeiro semestre, as materias obrigatorias de Inglés Instrumental I; Comentario de Textos Literarios en Lingua Inglesa; e no segundo, Inglés Instrumental II. Ademais dos anual Mundos Anglófonos en Perspectiva Histórica e Cultural. O título depende da Facultade de Filoloxía departamento de Filoloxías estranxeiras e as súas Lingüísticas. 

O novo título engádese ao Micrograo en Historia de España, que 

obtivo unha gran acollida entre as e os estudantes da UNED e o público en xeral.

A UNED é a maior universidade española cos seus 200.000 estudantes de media nos últimos anos e o maior campus europeo, con 61 sedes nacionales e 12 no estranxeiro, que asiste tamén ás aulas de exame temporais, embaixadas e misións militares no exterior. De carácter público, basea o seu servizo nunha educación supeior combinada online e semipresencial, comprometida coa aposta de "non deixar a ninguén atrás" e facilitar o acceso á formación universitaria a toda aquela persoa que demostre o seu interese e as súas capacidades, independentemente da sua situación económica, laboral, familiar, ubicación territorial ou funcionalidade física. O seu prazo de matrícula mantense aberto ata o vindeiro 10 de novembro. 

Aida Fernández

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es