Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O catedrático da UNED Julio Gonzalo Arroyo falará en Ourense sobre o sesgo nos sistemas de avaliación de IA

2 de diciembre de 2020

O relatorio do seminario organizado pola Universidade poderá seguirse online este venres, día 4, a partires das 12.00 horas

OURENSE, 2 de decembro de 2020.- O catedrático Julio Antonio Gonzalo Arroyo, do Departamento de Procesamento da linguaxe natural e recuperación de información, na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da UNED, falará este próximo venres, día 4 de decembro dentro do seminario que a Universidade está a desenvolver en Ourense sobre Intelixencia Artificial. A súa conferencia enmárcase no que é agora un dos grandes problemas da IA : os algoritmos que funcionan son "Machine Learning", aprenden a resolver tarefas a base de exemplos. Se os exemplos están sesgados ou se os obxectivos da aprendizaxe están mal definidos, os algoritmos aprenden de forma igual de sesgada, ou mesmo peor. Fálase moito do sesgo dos exemplos, pero pouco de como se expoñen os obxectivos de aprendizaxe, que están relacionados coa avaliación dos sistemas: eles aprenden a sacar unha nota óptima segundo o teu esquema de avaliación.

A charla está dedicada aos sesgos dos esquemas de avaliación, que son, na práctica, moi grandes.

Como sinala o catedrático da UNED, o sesgo é un tema de tendencia no contexto da IA e a ciencia de datos, e por unha boa razón: “cada vez máis procesos de toma de decisións nas nosas vidas (como obter un préstamo ou ser entrevistados para un traballo) están mediados pola aprendizaxe automática de sistemas; e tanto a comunidade investigadora como a sociedade en xeral son cada vez máis conscientes de que a aprendizaxe automática é tan propensa ao sesgo como a cognición humana”. 

Os intereses de investigación do profesor Julio Gonzalo pilotan sobre as métricas de avaliación e as metodoloxías para o acceso á información, semántica, similaridade textual e tecnoloxías de acceso aos medios de comunicación.

Unha lista das súas publicacións pode consultarse aquí. 

O relatorio comezará ás 12.00 horas, desde o Centro de IA de OurensePoderá seguirse en liña a través da seguinte ligazón.  

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es